Sobre nós

O equipo de AV Consultoría

Somos un equipo multidisciplinar formado por especialistas nos ámbitos da investigación social, o márketing, a comunicación e o deseño. Ademais, puntualmente traballamos en rede con colaboradores/as externos/as de ámbitos complementarios, como a produción audiovisual, sempre en función das necesidades concretas de cada proxecto, o que nos permite escalalos adecuadamente.

O noso obxectivo é axudar á nosa clientela, sexan pequenos negocios, organismos públicos ou entidades sen ánimo de lucro, nos seus procesos de toma de decisións. O noso apoio pode darse en calquera das súas fases: a xeración de información primaria para saber “que está a pasar”, a determinación de “que se debe dicir”, como facelo e por que canles; e a creación dunha imaxe gráfica visualmente atractiva que resuma todo o proceso.

En AV caracterizámonos por adaptarnos en todo momento ás necesidades concretas da nosa clientela. Cada proxecto, cada empresa e institución, teñen características, necesidades e obxectivos propios, polo que centramos os nosos esforzos en ofrecer unha resposta 100% adaptada e personalizada.

Carlos M. Abella Vázquez

Socio e director

Doutor (2006) e licenciado (1998) en Socioloxía pola UDC, Premio Extraordinario de Licenciatura (1999), Máster en Marketing Político: Estratexias e Comunicación Política pola USC (2008).

Desde 2002 traballei no sector da consultoría, tanto por conta propia como allea. En 2012 fundo xunto a Daniela S. Valencia a empresa hispanomexicana Abella & Valencia Consultoría Estratéxica e Comunicación. A pandemia, cos seus múltiples efectos, veu mudalo todo e, paseniño, empeza a xurdir a idea dun proxecto centrado no mercado galego. De aí nace AV Consultoría Investigación Social & Comunicación, cargada de ilusión, en 2023.

Rosaura Landeros

Deseñadora gráfica

Egresada da Universidad Latinoamericana en Ciudad de México (2008).

Con máis de dez anos de experiencia, traballei en diferentes proxectos para México, América Latina, EE.UU., Canadá, África e Europa, incluíndo España e, en particular, Galicia desde 2019. Esta inmersión profesional en diversos contextos culturais permitiume enriquecer a miña visión no mundo gráfico. 

Creo no deseño como unha ferramenta poderosa para incidir a favor dun cambio social.

Non estás seguro do que necesitas?

Cóntanos o teu caso e poderemos analizar que opción s adaptará mellor a ti. Ponte en contacto connosco ou déixanos a túa consulta no formulario e responderemo en moi pouco tempo.

Ponte en contacto

"*" indicates required fields

Nome*
This field is for validation purposes and should be left unchanged.