Comunicación
Transmite a mensaxe correcta no momento adecuado
A comunicación é esencial en tempos de “infoxicación”. Facerse oír e ver é cada vez máis complicado dada a masificación de informacións que nos chegan cada día por multitude de canles. Por iso queremos axudarte no proceso de saber que dicir, cando facelo e por que medios. Os nosos servizos aquí van desde a elaboración de campañas de comunicación ata a redacción de discursos e intervencións públicas ante auditorios máis ou menos grandes.
A nosa área de Comunicación estrutúrase en tres grandes bloques:
Seremos parte do teu equipo para comunicar mellor: de forma sinxela, clara, eficaz e visualmente atractiva.
Redes Sociais
Desde o ano 2014 dedicámonos a crear e xestionar redes sociais de pequenos negocios locais, organismos públicos, administracións, asociacións… E encántanos!
Plans de comunicación
Se queres dar a coñecer ou mellorar o grao de coñecemento, sensibilizar ou mellorar a percepción dun tema, un produto ou un servizo podemos axudarche definindo e poñendo en marcha campañas e plans de comunicación, tanto para organismos públicos como para entidades privadas.
Deseño
O deseño é un servizo transversal a todos os demais, pero tamén un importante servizo en si mesmo: se necesitas carteis ou infografías rechamantes, maquetar textos máis amplos, como libros, podemos encargarnos.
Non estás seguro do que necesitas?
Cóntanos o teu caso e poderemos analizar que opción s adaptará mellor a ti. Ponte en contacto connosco ou déixanos a túa consulta no formulario e responderemo en moi pouco tempo.
Teléfono
Ponte en contacto
"*" indicates required fields