Investigación Social

Usamos enquisas para medir e mellorar a realidade

Foi o físico e matemático Lord Kelvin quen afirmou no século XIX que “o que non se define non se pode medir. O que non se mide, non se pode mellorar. O que non se mellora, degrádase sempre”.

A nosa área de investigación social ofrece os servizos necesarios para definir e medir aquilo que se desexa coñecer en profundidade para poder melloralo. A nosa principal ferramenta de medición é a enquisa, tanto presencial mediante tablets, como telefónica ou vía web. Contamos cunha ampla experiencia na implementación desta técnica de investigación cuantitativa e unha rede estable e cualificada de entrevistadoras/es.

Realizamos estudos sociais, políticos ou sociolóxicos para administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro, entidades de interese público…

Estes son algúns dos servizos que ofrecemos para saber e entender que está pasando

Estudos sobre diversos colectivos sociais, profesionais, etc.

Levamos a cabo estudos e investigacións sociolóxicos combinando técnicas cuantitativas e cualitativas entre os que podemos destacar o “Diagnóstico da profesión autoral en Galicia” (Fundación SGAE, 2019) ou “As mulleres de Narón. Vinte anos despois, 2002-2022” (Concello de Narón, 2022)

Valoración de desempeño e de satisfacción

Mediante a aplicación de cuestionarios breves e sinxelos, con este tipo de estudos podemos coñecer o grao de satisfacción da clientela dun establecemento ou a valoración que a cidadanía outorga ao desempeño dunha institución, tanto en xeral como en determinadas áreas de xestión.

Análise da opinión pública e de clima social

Temos ampla experiencia na condución de enquisas telefónicas, presenciais e, en menor medida, vía web coas que pulsar o sentir da cidadanía sobre temas de interese social, económico, político…

Barómetros políticos e prospección electoral

De forma máis específica, tamén levamos a cabo moitas enquisas de valoración propiamente política, incluíndo estimación de resultados nunhas hipotéticas eleccións.

Non estás seguro do que necesitas?

Cóntanos o teu caso e poderemos analizar que opción s adaptará mellor a ti. Ponte en contacto connosco ou déixanos a túa consulta no formulario e responderemo en moi pouco tempo.

Ponte en contacto

"*" indicates required fields

Nome*
This field is for validation purposes and should be left unchanged.